Estás enBiblio / Entornos íntimos, espazos compartidos: representacións urbanas no cinema familiar

Entornos íntimos, espazos compartidos: representacións urbanas no cinema familiar


By forocida - Posted on 14 October 2008

Tipo de ponencia:

Conference Paper

Fonte:

PONENCIA, Facultade de Ciencias da Comunicación, USC (2008)

Abstract:

Se asumimos que o audiovisual supón unha forma de relacionármonos co entorno, de pór orde e buscar sentido ás nosas percepcións no tanto que construtores e observadores de imaxes, daquela, unha mirada atenta ao chamado cinema doméstico pode revelarnos moitas das claves dos significados activados a través da representación fílmica. Un cinema como o 8 mm, o súper 8 ou as posteriores experiencias videográficas, analóxicas e dixitais, creado para un consumo rápido e un igualmente rápido esquecemento, constitúese, non obstante, en depositario da memoria visual do cotián. As relacións humanas que reflicten, e mesmo contribúen a establecer estes materiais fílmicos, xunto con todo aquilo que revelan verbo dos espazos nos que se desenvolven ditas relacións, saen á luz tras unha análise dalgunhas mostras destes filmes. Prestarase atención, primeiramente, a aquelas pezas audiovisuais que se manteñen nese estadio primixenio do cinema doméstico. De seguido, cómpre deterse nalgunhas mostras fílmicas que parten destes materiais para construír novos discursos, incluídos no que de deu en chamar found footage, ou metraxe atopada, de autores como Alan Berliner, para analizar, á súa vez, determinadas propostas fílmicas que, movéndose arredor do documental, adoptan a forma de diario filmado, cine epistolar ou filme- ensaio, entre outras variantes da non ficción.



ORGANIZADORES




PATROCINADORES








COLABORADORES