Estás enBiblio / A comunicación das políticas da cidade
A comunicación das políticas da cidade
Tipo de ponencia:
Conference PaperFonte:
PONENCIA, Facultade de Ciencias da Comunicación, USC (2008)Keywords:
cidade e cidadanía, espazo público urbán, medios de comunicación, sistema de comunicación e informaciónAbstract:
É factible redefinir o espazo nacional a partir da cidade, e a partir igualmente de asumir os cambios que observamos nos modos de pertenza ao territorio e nos modos de vivir a identidade en construción : aquela que se vai manifestar en novas formas de sociabilidade, en novas maneiras de habitar o espazo urbán, en novos modos de comunicar e nunha nova vivencia cidadá dos medios de comunicación. O binomio participación/comunicación acada a súa forza na revalorización do espazo público. Na perspectiva da cidade, acadará a súa forza na revalorización do espazo urbán, ao tempo que se restablece o dereito da cidadanía a participar nos procesos de urbanización e socialización, para o que é preciso que teña acceso ás canles de información que estruturan o espazo público de comunicación.
.gif)


